jueves, 30 de julio de 2009

Hoxe comeza a Sección Oficial de OFestivalON Five e finaliza A Toda Mecha

Ribadeo deixará de ser hoxe o gran plató de cine para dar rematadas as gravacións da sección de A Toda Mecha. Os grupos participantes, que congregaron na localidade ribadense a decenas de mozos gravando curtas ó longo destes días no marco de OFestivalON, terán que amañarse para posproducir a súa curta nun tempo récord para poder proxectala na Gala do sábado.

Por outra banda hoxe ás 11.00 horas deuse o pistoletazo de saída para o estreo das proxeccións da Sección Oficial no Cine Teatro de Ribadeo. Son 42 curtas as que compiten para acadar o seu correspondente Misto de Pau. Todas elas proxectaranse ó longo dos tres días do festival, xoves 30, venres 31 e sábado 1, organizadas en 6 sesións. En cada proxección, o público asistente votará a curta que máis lle guste. Aquela que acade máis votos será a que se leve o Misto de Pau de Loureiro e os 1200 euros do premio do público.

Aquí tendes a foto dunha das curtas gravadas estes días na vila de Ribadeo.

miércoles, 29 de julio de 2009

Presentación oficial de OFestivalON

Comeza OFestivalON. Todo está xa en marcha para que se produza o pistoletazo de saída, mañá ás 11 da mañá, curtas sen interrupcións ata o sábado pola noite, momento no que se dará a coñecer nome dos gañadores na gala de clausura que terá lugar o sábado ás 22:30 no Cantón.

Vide a Ribadeo, non vos perdadades este fin de semana de cine!

lunes, 27 de julio de 2009

Map


Para todos os achegados de OFestivalON, aquí vos deixamos un mapa para que poidades chegar sin problemas a tódalas actividades do festival.


Recordade que podedes consultar o programa na web www.ofestivalon.com


Un saudo a todos.

miércoles, 22 de julio de 2009

Selección oficial




Galego

Estimados participantes de OFestivalON 5,


Xa podedes consultar a selección de tódalas curtas que entran a participar na selección do festival desde hoxe na web do festival. Tras difíciles e diversas preseleccións tendo en conta que recibimos curtametraxes de 26 paises diferentes, e máis de 500 curtas a valorar, fíxose unha selección de 42 obras que participarán nesta edición de OFestivalON.


Moitas gracias a tódolos participantes que nos enviaron as súas obras, e desde xa, moita sorte a tódolos participantes.

Vémenos en Ribadeo!


Castellano


Estimados participantes de OFestivalON 5,


Ya podéis consultar la selección de cortometrajes que entran a concurso en la selección del festival desde hoy en la web. Tras difíciles y arduas preselecciones ya que hemos recibido cortos de 26 países diferentes y un total de más de 500 cortometrajes a valorar, se han seleccionado finalmente un total de 42 obras que participarán en esta edición del OFestivalON 5.


Muchas gracias a todos los participantes que enviaron sus obras, y mucha suerte a todos los seleccionados.


Nos vemos en Ribadeo!



English


Dear participants of OFestivalON 5,


Now you can check which short-films have been selected in our festival website. We recibed about 500+ films to be selected from more than 26 different countries and it has been a difficult task. Finally there are 42 selected short-films.


Thank you to all people who sent their works, and good luck to everyone who has been chosen.


See you in Ribadeo!!

miércoles, 8 de julio de 2009

OFestivalON 2009

Chega o festival de curtas máis esperado da época estival en Galicia. Logo de catro edicións do On&Off Festival Creativo de Curtas en Ribadeo, na súa quinta edición, dámoslle unha volta, e presentamos OFestivalON five. Ribadeo os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto