Por outra banda hoxe ás 11.00 horas deuse o pistoletazo de saída para o estreo das proxeccións da Sección Oficial no Cine Teatro de Ribadeo. Son 42 curtas as que compiten para acadar o seu correspondente Misto de Pau. Todas elas proxectaranse ó longo dos tres días do festival, xoves 30, venres 31 e sábado 1, organizadas en 6 sesións. En cada proxección, o público asistente votará a curta que máis lle guste. Aquela que acade máis votos será a que se leve o Misto de Pau de Loureiro e os 1200 euros do premio do público.
Aquí tendes a foto dunha das curtas gravadas estes días na vila de Ribadeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario