miércoles, 5 de agosto de 2009

Rematou OFestivalON Five 2009 en Ribadeo














María Acuña Rodríguez, Antonio Mourelos e Santiago Jaureguízar, membros do xurado da Sección Oficial da V edición de OFestivalON, escolleron coma curtas gañadoras as seguintes:

- O gañador de Misto de Pau de Sabugueiro á Mellor Curta de Ficción foi Jon Garaño, co seu traballo On the line.
- O gañador do Misto de Pau de Castiñeiro á Mellor Curta de Animación foi Giovanni Maccelli, grazas ao seu filme El misterio del pez.
- O gañador do Misto de Pau de Carballo á Mellor Curta Documentaria foi Marcos Nine, por A fábrica.

Todos foron premiados con 1200 euros, incluido o gañador do Premio do Público, que foi para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández.

A Gala deu peche no Auditorio Municipal Hernán Naval, coa actuación da banda de jazz Lucía Martínez Cuarteto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario