jueves, 6 de agosto de 2009

"OFestivalON on the road"

Despois desta quinta edición, chega "OFestivalON on the road" para facer a súa andadura. A súa primeira parada será en Vilagarcía de Arousa, coincidindo coas festas patronais de San Roque. As proxecccións darán comezo este domingo 9 e prolongarase ata o xoves 14, en horario de 22.30 h.
Proxectaranse un total de 40 cortos programados en 5 sesións, os cales xa estiveron seleccionados en OFestivalON de Ribadeo. Inclúense nestas obras, os gañadores do devandito festival nas 3 categorías:

Ficción: On the line, de Jon Garaño
Documentario: A fábrica, de Marcos Nine
Animación: El misterio del pez, de Giovanni Maccelli
Premio do público para o documentario: Ferro Ardendo, Miguel García Fernández















No hay comentarios:

Publicar un comentario